mércores, 25 de xuño de 2014

Proxecto Interdisciplinar 2013-14

Como sabemos, no primeiro curso da ESO os alumnos deben realizar un proxecto interdisciplinar coa fin de adquirir as competencias básicas, traballando a través de varias áreas do currículo. A fin última será conseguir que os alumnos sexan competentes á hora de resolver os problemas cotiáns que van surxindo, poñendo de manifesto a multiplicidade de saberes adquiridos grazas ás diferentes áreas de coñecemento. 

Os departamentos implicados neste curso serán Inglés, Lingua Galega, Xeografía e Historia e Plástica, coordinados a través dos titores de grupo. 

Neste curso, no noso centro, dáse unha situación particular: entre os dous grupos de 1º de ESO hai alumnos de Alxeria, Perú, República Dominicana, Colombia e Galicia. Desta situación nace a idea de achegar aos rapaces a realidade de todos estes pobos, a súa situación, cultura, tradición,…, estudar as diferenzas entre eles coa fin de achegar pontes entre todos e facerlles ver que esas diferenzas máis que separarnos deben enriquecernos como persoas e unirnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario