mércores, 18 de xuño de 2014

Desenvolvemento do Proxecto Interdisciplinar

O traballo levado a cabo polo alumnado de 1º da ESO do IES de Fene desenvolveuse ao longo de todo o curso durante unha hora á semana tal e como figura no horario.

O proceso desenvolveuse en catro etapas:

  1. Formación na busca, análise e tratamento da información a través de actividades como a busca de información na biblioteca, tanto de forma física como a través de OPAC, análise de páxinas web, elaboración de referencias bibliográficas de diferentes documentos.
  2. Traballo con diferentes ferramentas informáticas, amparados polo Proxecto Abalar, que lles permitiría crear os seus propios documentos e elaborar os materiais do Proxecto Interdisciplinar
  3. Elaboración dos produtos finais a partir da información obtida na primeira fase do proxecto e coas ferramentas aprendidas na segunda.
  4. Elaboración do blog de aula para a publicación dos traballos realizados polos alumnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario