Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Interdisciplinar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Interdisciplinar. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de xuño de 2014

Proxecto Interdisciplinar 2013-14

Como sabemos, no primeiro curso da ESO os alumnos deben realizar un proxecto interdisciplinar coa fin de adquirir as competencias básicas, traballando a través de varias áreas do currículo. A fin última será conseguir que os alumnos sexan competentes á hora de resolver os problemas cotiáns que van surxindo, poñendo de manifesto a multiplicidade de saberes adquiridos grazas ás diferentes áreas de coñecemento. 

Os departamentos implicados neste curso serán Inglés, Lingua Galega, Xeografía e Historia e Plástica, coordinados a través dos titores de grupo. 

Neste curso, no noso centro, dáse unha situación particular: entre os dous grupos de 1º de ESO hai alumnos de Alxeria, Perú, República Dominicana, Colombia e Galicia. Desta situación nace a idea de achegar aos rapaces a realidade de todos estes pobos, a súa situación, cultura, tradición,…, estudar as diferenzas entre eles coa fin de achegar pontes entre todos e facerlles ver que esas diferenzas máis que separarnos deben enriquecernos como persoas e unirnos.

luns, 16 de xuño de 2014

Proxectos Interdisciplinares 1º ESO A

Despois dun curso de traballo, os alumnos xa teñen os seus proxectos rematados. Nunha das clases de 1º da ESO fixemos catro grupos de traballo formados por catro ou cinco alumnos.

Ao longo do ano aprenderon a facer buscas, analizar a información atopada, organizala e crear materiais como os que se mostran a continuación. Con diversas ferramentas informáticas elaboraron os seus traballos nos que nos amosan pequenas pinceladas da multiculturalidade que impregna as nosas aulas este curso.

Manuela, con ascendentes colombianos, Nuria, Ainara e Raquel amosáronnos diferentes aspectos da cultura colombiana, así como do seu clima, historia ou situación do país.





Carla, Celeste, Iria e Marta fixeron un bo traballo sobre Galicia.




Outro dos grupos traballou sobre a República Dominicana. Nel participaron Alexis, de orixe dominicana, Xiao Jesús, Paco e Adrián




Por último Samia, de orixe alxeriano, liderou o grupo que traballou sobre Alxeria. Nel participaron, ademais de Samia, Noelia, María, David e Sabela.


domingo, 15 de xuño de 2014

Proxectos Interdisciplinares 1º ESO B

Nesta entrada iremos publicando os traballos que os alumnos do grupo B fixeron, coordinados polo seu titor. Como novidades temos unha mostra das costumes, tradiccións e cultura en xeral de Estados Unidos e de Perú.

María, Julián, Uxía, Silvia e Sabela lévannos dar unha volta polos Estados Unidos, a súa xeografía, pinceladas de historia, música, arte,...